lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2019 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

 

Xornada

Biodiversidade somerxida da Mariña Lucense

A xornada “A Mariña Somerxida” busca servir como ferramenta para visibilizar a enorme biodiversidade mariña da costa Lucense e pretende ser un referente na divulgación dos valores naturais e de conservación do litoral.

Data: 22 – Xuño – 2019

Lugar: CENIMA – Foz

Horario: 9:30 h – 14:30 h

Entrada libre para tódolos públicos

A Costa da Mariña Lucense é un enclave único situado na fronteira entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico con aproximadamente 100km de litoral que albergan unha enorme biodiversidade de especies mariñas para moitos descoñecidas. Estas xornadas pretenden dar a coñecer esta riqueza somerxida a través dunha serie de actividades gratuítas promovidas polo GALP A Mariña Ortegal e dirixidas a tódolos públicos onde a gran protagonista é a natureza das nosas augas.

Obxectivos:

  • Formación e divulgación do patrimonio somerxido da Mariña Lucense.
  • Concienciación sobre a conservación do medio mariño.
  • Coñecemento do punto de vista de expertos.
  • Visibilización da biodiversidade a través da fotografía.
  • Exposición itinerante con imaxes dos nosos fondos.

Programa:

09:30h: Apertura
10:00h: Poñendo nomes as especies, primeiro paso para o estudo da biodiversidade
M. Carmen Cobo Llovo
Estímase que na actualidade coñecemos 2 millóns de especies, o que supón menos do 20%das que realmente existen. A Taxonomía e a rama da Bioloxía encargada de idenficar, describir, clasificar e poñer none as novas especies. Cada día descóbrense unhas 55 especies novas. Onde se atopan? Como se realizan estes descubrimientos? Cantas especies mariñas coñecemos? Canto queda por descubrir?
11:00h: “Fotografía submarina: descubrindo a luz da evolución”
Ricardo Roberto Fernández
Ricardo Roberto Fernández falará sobre biodiversidade e evolución, tanto da vida como da propia fotografía submarina. Exporá a importancia de coñecer a vida para poder desfrutala e protexela, centrándose en animais difíciles de fotografar, e sobre todo veranse moitas imaxes, algunhas bastante difíciles de conseguir.
12:00h: Descanso Café
12:30h: “Patrimonio cultural asolagado na Mariña”
David Fernández Abella e Fernando Patricio Cortizo
A Mariña ten una rica historia vinculada ao mar. Tanto o seu territorio coma os seus grandes portos teñen un moi rico patrimonio cultural marítimo que a día de hoxe se configura coma un dos mais descoñecidos e con mais potencial de toda Galicia. Falaremos de naufraxios, patrimonio material e inmaterial somerxido e outras historias rescatadas dos nosos fondos mariños.
13:30h: “Fotografar para conservar”
João Rodrigues
O papel da fotografía como ferramenta de conservación ambiental. A fotografía ten o poder de dar voz ás especies e lugares salvaxes que se enfrontan a ameazas en todo o mundo, dende a contaminación e fragmentación de hábitats ata a captura ilegal e alteracións climáticas. É tamén unha forma única de ilustrar como as persoas interactúan, dependen e valorizan a natureza. Veña descobrir, con João Rodrigues, o poder da narrativa visual.
14:30h: Clausura e pinchos