lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2024 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

Viveiro acolle do 4 ao 9 de novembro a Exposición «A Mariña Somerxida»

A exposición fotográfica A Mariña Somerxida que presenta o GALP A Mariña-Ortegal, sigue os seu itinerario. Estará exposta dende o día 4 ao 9 de novembro na Casa do Concello (Praza Maior, sn, Viveiro) , onde se poderá visitar en horario de luns a venres de 10:00-14:00h e 18:00-20:00h.

A exposición consta de instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo. A exposición fotográfica única na Mariña Lucense, promovida polo GALP A Mariña Ortegal, dos fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría. Pon en valor a biodiversidade somerxida.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademáis un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas. A exposición A Mariña Somerxida convértese nun referente para a concienciación e divulgación mariña.