lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2024 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

Ricardo Roberto Fernández, un referente da fauna mariña do Cantábrico

Hoxe comezamos as presentacións dos conferenciantes que teremos a honra de recibir o vindeiro día 22 de xuño no salón de actos do CENIMA en Foz. O noso primeiro convidado nesta sección oficial de presentacións é, coma non podía ser doutra forma, Ricardo Roberto Fernández. Este profesor de Bioloxía é unha das personas máis apaixonadas que coñezo, unha inspiración para calquera dos que teñan a oportunidade de intercambiar unha conversa, compartir unha sesión de mergullo ou asistir a algunha das súas clases. É un deses profesores que marcan para sempre, cunha enorme capacidade de captar a atención e provocar cambios sociais de respeto e coñecemento da natureza dende as raíces da educación.

Ricardo Roberto Fernández é Licenciado en Ciencias Biolóxicas, na especialidade de zooloxía pola Universidade de Oviedo. Combina a súa labor docente coa súa paixón, o mergullo e a fotografía; é mergullador deportivo 3 estrelas e fotógrafo submarino dende fai 34 anos, centrado principalmente no Cantábrico. Autor do libro “Invertebrados marinos del Cantábrico: una mirada a la vida de nuestra costa” (2008, Ed. Cajastur). Colabora ademáis en revistas de mergullo como “Inmersión” e outras, con aportacións variadas, tanto de fotografías como de textos.

Cando mergullas con Ricardo hai dúas cousas indispensables que nunca lle faltan, a primeira por suposto a súa cámara subacuática, coa que recolle espectaculares instantáneas dos fondos; e a segunda, unha pequena rede de plancto, que aproveita para desplegar nos traxectos de volta dende a embarcación e «pescar» algunha mostra para ensinarlle aos alumnos.

A conferencia de Ricardo Roberto Fernández, baixo o título «Fotografía submarina: descubrindo a luz da evolución» terá lugar o vindeiro día 22 de xuño ás 11.00 h no CENIMA en Foz.

Falará sobre biodiversidade e evolución, tanto da vida como da propia fotografía submarina. Exporá a importancia de coñecer a vida para poder desfrutala e protexela, centrándose en animais difíciles de fotografar, e sobre todo veranse moitas imaxes, algunhas bastante difíciles de conseguir.