lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2019 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

Presentamos A Mariña Somerxida

A Costa da Mariña Lucense é un enclave único situado na fronteira entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico con aproximadamente 100km de litoral que albergan unha enorme biodiversidade de especies mariñas para moitos descoñecidas. A Mariña Somerxida pretende dar a coñecer esta riqueza subacuática a través dunha serie de actividades gratuítas promovidas polo GALP A Mariña Ortegal e dirixidas a tódolos públicos onde a gran protagonista é a natureza das nosas augas.

O proxecto A Mariña Somerxida desenvólvese entorno a dous eventos principais: a Xornada Técnica e a Exposición Fotográfica.

A xornada “A Mariña Somerxida” busca servir como ferramenta para visibilizar a enorme biodiversidade mariña da costa Lucense e pretende ser un referente na divulgación dos valores naturais e de conservación do litoral.

Data: 22 – Xuño – 2019

Lugar: CENIMA – Foz

Horario: 9:30 h – 14:30 h

Entrada libre para tódolos públicos

A xornada A Mariña Somerxida acollerá diversas presentacións, charlas e foro de debate con expertos de prestixio sobre bioloxía, biodiversidade e conservación mariña. Ademáis falarase sobre arqueoloxía subacuática na Mariña Lucense. Entre os conferenciantes contaremos con nomes como o profesor de bioloxía Ricardo Roberto Fernández, autor do libro ” Invertebrados marinos del Cantábrico: una mirada a la vida de nuestra costa”; a doutora M. Carmen Cobo Llovo, especializada en bioloxía, biodiversidade e conservación mariña; João Rodrigues, fotoxornalista subacuático da revista National Geographic; David Fernández Abella, historiador e arqueólogo especialista en arqueoloxía náutica e subacuática e Fernando Patricio Cortizo, experto en naufraxios da costa de Galicia. Todos eles darán unha visión única do que se esconde baixo a superficie das augas da nosa costa.

Preténdese dar un enfoque apto para tódolos públicos, pequenos e maiores, da enorme riqueza que albergan os nosos fondos, cun tono sinxelo e coloquial, analizando as problemáticas e os retos ós que nos enfrontamos para poñer en valor e conservar este patrimonio somerxido. Cada charla ten unha duración aproximada de trinta minutos, cunha breve posta en común de ideas e preguntas ó remate de cada presentación.

Programa:

09:30h: Apertura
10:00h: “Poñendo nomes as especies, primeiro paso para o estudo da biodiversidade”
M. Carmen Cobo Llovo
11:00h: “Fotografía submarina: descubrindo a luz da evolución”
Ricardo Roberto Fernández
12:00h:  Descanso Café
12:30h: “Patrimonio cultural asolagado na Mariña
David Fernández Abella e Fernando Patricio Cortizo
13:30h: “Fotografar para conservar”
João  Rodrigues
14:30h: Clausura e pinchos

A xornada serve ó mesmo tempo como evento inaugural da exposición de cincuenta instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de Lugo. A representación é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante viaxa máis alá da superficie dos nosos mares para descubrir un mundo incrible de especies únicas.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademáis un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas.

Obxectivos:

  • Formación e divulgación do patrimonio somerxido da Mariña Lucense.
  • Concienciación sobre a conservación do medio mariño.
  • Coñecemento do punto de vista de expertos.
  • Visibilización da biodiversidade a través da fotografía.
  • Exposición itinerante con imaxes dos nosos fondos.