Inauguración da Exposición A Mariña Somerxida en Cervo
A exposición fotográfica A Mariña Somerxida que presenta o GALP A Mariña-Ortegal, sigue os seu itinerario. Inagurouse o pasado día 9 de xullo en Cervo, onde a mostra estará exposta ata o vindeiro día 31 de xullo na sala de exposicións das Antigas Carboeiras de Sargadelos e no Museo provincial do Mar. O evento foi inaugurado polo vicepresidente do GALP A Mariña Ortegal, Alfredo Llano e participaron o rexedor, Alfonso Villares, e a e edil de Medio Ambiente, Mali Méndez
A exposición consta de cincuenta instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo. A exposición fotográfica única na Mariña Lucense, promovida polo GALP A Mariña Ortegal, dos fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría. Pon en valor a biodiversidade somerxida.
A exposición A Mariña Somerxida convértese nun referente para a concienciación e divulgación mariña.