lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2024 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

Fernando Patricio, experto dos naufraxios en Galicia

Fernando Patricio Cortizo é o último dos relatores que vos presentamos e que teremos o pracer de recibir nas Xornadas deste sábado no CENIMA en Foz. Fernando é un dos maiores expertos dos naufraxios de Galicia, con numerosas publicacións e estudos sobre este tema.

Fernando Patricio é Técnico especialista en cultivos mariños. Historiador naval. Editou seis libros, cinco deles monográficos sobre naufraxios acontecidos na costa galega, dende Ribadeo ata A Guarda. Colaborador de radio, xornais, revistas e audiovisual, participando recentemente en 7 dos 16 capítulos do exitoso programa emitido pola TVG Buscadores de naufraxios. Presidente fundacional da AC Naufraxios Galegos e autor do blogue “O mergullador atlántico”

A intervención de Fernando Patricio, titulada Patrimonio cultural asolagado na Mariña terá lugar este sábado 22 de xuño ás 12.30 h no CENIMA en Foz.

A Mariña ten una rica historia vinculada ao mar. Tanto o seu territorio coma os seus grandes portos teñen un moi rico patrimonio cultural marítimo que a día de hoxe se configura coma un dos mais descoñecidos e con mais potencial de toda Galicia. Falaremos de naufraxios, patrimonio material e inmaterial somerxido e outras historias rescatadas dos nosos fondos mariños.