lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2019 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

 

Exposición

Galería fotográfica

Carlos Gil e Hugo Fernández presentan unha exposición fotográfica única na Mariña Lucense que mostra a biodiversidade somerxida da nosa costa.

Exposicións confirmadas:

– Xuño (17 – 24) CENIMA, Foz

– Xullo (8 – 31) na Sala de Exposicións das Antigas Carboeiras de Sargadelos e na Rede Museística Museo Provincial do Mar, Cervo

– Setembro (11 – 26) na Sala de Exposicións do Salón de Actos de Xove. Horario 18:00h-22:00 de luns a domingo

– 30 setembro – 11 outubro na Sala de Arte, Casa da Cultura de Burela, de luns a venres de 10:00-13:00h e 17:00-20:00h

Nesta exposición preséntanse cincuenta instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de Lugo. A representación, promovida polo GALP A Mariña Ortegal, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante viaxa máis alá da superficie dos nosos mares para descubrir un mundo incrible de especies únicas.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademáis un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas.