Nesta exposición preséntanse cincuenta instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de Lugo. A representación, promovida polo GALP A Mariña Ortegal, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante viaxa máis alá da superficie dos nosos mares para descubrir un mundo incrible de especies únicas.
As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademáis un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas.