lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2024 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

Carmen Cobo falará sobre o descubrimento de novas especies mariñas

Seguimos coa rolda de presentacións dos conferenciantes que teremos o vindeiro día 22 de xuño no salón de actos do CENIMA en Foz. A nosa seguinte convidada nesta sección oficial é M. Carmen Cobo Llovo. Unha apaixoada do medio mariño, do seu coñecemento e estudo das especies máis enigmáticas.

M. Carmen Cobo é licenciada en Bioloxía, especializada en Bioloxía Mariña. Doctora especializada en Taxonomía, Biodiversidade e Conservación do medio natural. Participou en campañas oceanográficas para a recolección de fauna nos fondos profundos de Galicia (Forsagal 2009, Masprogal 2013 e Masprogal 2014) a bordo dos buques Sarmiento de Gamboa e Irmáns García Nodal. Actualmente investigadora na Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con (Universidade de Santiago de Compostela). Relizou unha estancia postdoctoral na University de Alabama, EEUU (Beca Fulbright Ruth Lee Kennedy-Society of Systematic Biology- Malacological Society of London).

A conferencia de Carmen Cobo, titulada Poñendo nomes as especies, primeiro paso para o estudo da biodiversidade terá lugar o vindeiro día 22 de xuño ás 10.00 h no CENIMA en Foz.

Estímase que na actualidade coñecemos 2 millóns de especies, o que supón menos do 20%das que realmente existen. A Taxonomía e a rama da Bioloxía encargada de idenficar, describir, clasificar e poñer none as novas especies. Cada día descóbrense unhas 55 especies novas. Onde se atopan? Como se realizan estes descubrimientos? Cantas especies mariñas coñecemos? Canto queda por descubrir?