lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2024 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

A Exposición «A Mariña Somerxida» remata o seu itinerario en San Cosme de Barreiros do 28 de novembro ao 10 de decembro

A exposición fotográfica A Mariña Somerxida que presenta o GALP A Mariña-Ortegal, dos fotógrafos Carlos Gil e Hugo Fernández, remata o seu itinerario. Estará exposta dende o día 28 de novembro ao 10 de decembro no Salón de Actos do Centro Sociocultura de San Cosme , onde se poderá visitar en horario de luns a venres de 10:00-14:00h e 17:00-19:30h.

Cunha grandísima acollida no resto de concellos , esta exposición fotográfica única na Mariña Lucense, mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría. e pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se todavía non tiveches a sorte de vela, aproveita esta última oportunidade e visita San Cosme para descubrir os fondos mariños da costa de Lugo.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademáis un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas. A exposición A Mariña Somerxida convértese nun referente para a concienciación e divulgación mariña.