O Océano Surf Museo de Valdoviño inaugura a exposición «A Mariña Somerxida»
A exposición fotográfica A Mariña Somerxida que presenta o GALP A Mariña-Ortegal continua o seu itinerario e estará exposta dende o día 11 ao 30 de novembro no Océano Surf Museo de Valdoviño. Un traballo no que os fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil mostran unha colección de instantáneas orixináis documentando a vida que rodea aos mares da costa Galega.
As augas do noso mar ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademáis un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas. A exposición, froito de moitos anos de traballo, está en continua evolución, e sempre hai novas instantáneas e audiovisuais que irán completando a colección no futuro.
Cunha grandísima acollida durante todo o seu percorrido , esta exposición fotográfica, mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría e pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se todavía non tiveches a sorte de vela, aproveita esta oportunidade e visita o Océano Surf Museo de Valdoviño para descubrir os fondos mariños da costa Galega.