Éxito en Foz na xornada inaugural da exposición «A Mariña Somerxida»
A exposición fotográfica A Mariña Somerxida que presenta o GALP A Mariña-Ortegal comeza o seu itinerario neste 2022 e estará exposta dende o día 15 ao 30 de xuño no CENIMA de Foz. Un traballo no que os fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil mostran unha colección de instantáneas orixináis documentando a vida que rodea aos mares da costa da Mariña Lucense.
A exposición comparte sala co traballo realizado pola Asociación de Saude Mental da Mariña, que a través de varios proxectos pretende poñer o mar como ferramenta na sua labor.
Cunha grandísima acollida durante todo o seu percorrido , esta exposición fotográfica, mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría e pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se todavía non tiveches a sorte de vela, aproveita esta oportunidade e visita o Océano Surf Museo de Valdoviño para descubrir os fondos mariños da costa Galega.